Ramírez encargarase da construción de 76 vivendas públicas en Lugo, dentro dun dos maiores proxectos residenciais da Xunta
Construcciones Ramírez foi a empresa proposta pola mesa de contratación da Xunta de Galicia para executar a construción de 76 vivendas de promoción pública do barrio de Garabolos, en Lugo. Este proxecto forma parte dun ambicioso plan do Goberno galego para aumentar de maneira significativa o parque público residencial en Galicia.
O contrato, cun orzamento próximo aos 13,5 millóns de euros, supón unha das maiores intervencións actuais en materia de vivenda pública na comunidade. A actuación prevé a construción dun edificio completo nun ámbito en expansión, cun deseño moderno e criterios técnicos e sociais de calidade.
A adxudicación, obtida tras un proceso público no que se valoraron propostas técnicas e económicas, pon de manifesto a solvencia e experiencia de Construcciones Ramírez no desenvolvemento de proxectos complexos de infraestrutura residencial.
O conxunto da operación inclúe tamén outra fase adxudicada a Civis Global (70 vivendas máis na parcela B3), cun investimento total que supera os 25 millóns de euros.
A Xunta traballa co horizonte de ter os dous edificios rematados en 2026, como parte da súa Estratexia Galega de Solo Residencial. Con ela que pretende duplicar o número de vivendas públicas ata acadar as 8.000 nesta lexislatura.
Desde Ramírez, sentimos un profundo orgullo por participar nun proxecto de tanto impacto social e urbano, contribuíndo a mellorar o acceso á vivenda e a calidade de vida das persoas.