As obras de mellora enerxética no CEIP Daría González chegan á fase final

Visita Daria Gonzalez 01

As obras de mellora enerxética no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Daría González, executadas por Construciones Ramírez, atópanse na fase final.

A iniciativa, que representa un investimento de 1,7 millóns de euros por parte da Deputación de Pontevedra, abarca unha serie de melloras significativas nas instalacións do CEIP Daría González. Estas inclúen a substitución da cuberta, o fortalecemento da fachada, o cambio de carpinterías exteriores, a instalación de paneis fotovoltaicos no tellado, a reforma de dous aseos e un cuarto de baño para mellorar a accesibilidade, e a adaptación dunha sala para satisfacer as necesidades das persoas con diversidade funcional. Ademais, está a levarse a cabo o cambio do ascensor por un máis accesible.

A obra foi visitada nesta semana polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López e mais polo deputado provincial Javier Tourís, delegado da área de acción comunitaria e equipamentos públicos.