O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou as obras xunto ao concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e pola concelleira responsable da xestión de fondos Edusi, Anabel Gulías.
Construcciones Ramírez atópase xa na fase final das obras do Centro Sur; unhas instalacións que servirán como residencia para o colectivo Amencer-Aspace, especializado en parálise cerebral.
Trátase do remate das obras de reforma da segunda e terceira planta do edificio; que contarán agora con 32 prazas asistidas (16 por pranta).
Esta fase final bota a andar trala colocación dunha gran pasarela de acceso co obxectivo de adaptar a accesibilidade do edificio.