A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, supervisaron a marcha das obras desta infraestrutura sanitaria. No percorrido pola obra estiveron tamén o alcalde de Lalín, José Crespo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza, Eloína Núñez.
As obras atópanse xa no ecuador da execución total do centro integral de saúde. Desta forma, está finalizándose a colocación da carpintería de muro cortima nos patios. No resto de fachadas están colocadas as carpinterías de xanelas de aluminio e xa avanzados os acristalamentos na zona de patios e das fachadas posteriores.
Ademais, rematouse a impermeabilización da cuberta e no interior do edificio a albanelería está practicamente rematada. Asi, continúase a cablear a instalación eléctrica e de voz e de datos, así como a colocación de falsos teitos e carpinterías interiores.
Trátase dunha edificación de catro pisos e 5.500 metros cadrados de superficie.