O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e Carlos Godoy, responsable de Amencer, inauguran o Centro Sur

Image005

En Pontevedra deuse un importante paso cara á inclusión de persoas con parálise cerebral, grazas á inauguración da primeira residencia para este colectivo no Centro Sur. A obra foi financiada polo Concello de Pontevedra, que investiu máis de 1,5 millóns de euros na rehabilitación da antiga residencia da Once en Campolongo.

A residencia conta con dúas plantas e unha superficie de máis de 1.000 metros cadrados, onde se situarán habitacións compartidas e individuais, así como baños totalmente adaptados.

O primeiro piso alberga as habitacións dos usuarios con maior dependencia, con oito dormitorios dobres con cuartos de baño integrados. Na segunda planta hai espazo para aloxar ata 16 usuarios, os de maior autonomía, con oito cuartos individuales e catro dobres.

O presidente da asociación Amencer-Aspace, agradeceu a implicación do Goberno local, dos técnicos, da empresa adxudicataria (Construcciones Ramírez) e dos subministradores neste proxecto.

Á inauguración do edificio rehabilitado integralmente por Construcciones Ramírez, asisitiu Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Carlos Godoy, responsable de Amencer e os concelleiros Anabel Gulías e Marcos Rey.