Construcciones Ramírez encárgase da nova reforma de Michelena 30

Captura De Pantalla 2023 12 28 A Las 13.05.42

A sede dos servizos centrais do Concello en Michelena 30 prepárase para unha nova transformación. Construcciones Ramírez, foi novamente seleccionada para levar a cabo esta obra, cun orzamento de 375.482,72 euros.
O obxectivo principal desta actuación é reordenar e modernizar as estancias do primeiro piso. Este proxecto súmase ás intervencións anteriores realizadas na sede de Michelena 30 desde o inicio da pandemia do coronavirus. No 2021, Construcciones Ramírez renovou o segundo piso por 278.594,18 euros, incorporando un espazo para a sala de prensa.
En 2022, Ramírez recibiu 186.342,70 euros para solucionar filtracións e realizar traballos na cuberta. Esta nova intervención supón unha mellora das instalacións públicas para ofrecer un servizo eficiente á veciñanza.