Construcciones Ramírez executará a rehabilitación integral do IES Valle Inclán

5f6b430924 20200923 Patxot Entrada Instituto Valle Inclan 1031

A Consellería de Educación de Galicia vén de axudicarlle a Construcciones Ramírez o contrato por un valor de case 4,7 millóns de euros para a reforma integral do IES Valle Inclán; histórico edificio construído en 1908

Os traballos consistirán en diversas actuacións como a limpeza e illamento térmico das fachadas, a renovación das cubertas e a carpintería exterior, a renovación das caldeiras e a implementación dun sistema centralizado de calefacción. Tamén se renovará a rede horizontal de saneamento e mellorarase o sistema de ventilación e subministración de auga nos aseos.