Miguel Anxo Fernández Lores inaugura o novo vial que comunica Campolongo coa Avenida de Vigo

2023030118320475563

Pontevedra xa conta cunha nova rúa aberta ao tráfico. O traballo, desenvolvido por Construcciones Ramírez buscou a mellora da mobilidade dunha das zonas de maior crecemento do sur da cidade. A nova vía vai desde a rúa Luís Braille ata o barrio de San Brais e conecta coa rúa Urbano Lugrís, atravesando os antigos terreos da ONCE.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que esta nova conexión «mellora o acceso tanto a pé como en coche» non só ao Centro Sur ou ao edificio da ONCE, senón tamén ao IES Torrente Ballester e ao aparcadoiro disuasorio próximo.